domingo, 23 de febrero de 2014

lunes, 20 de mayo de 2013

SAIDA 10 MAIO 3º E 4º ESO

O pasado 10 de maio os alumnos de 3º e 4º de ESO realizamos unha interesante saída a Caldas e Padrón. Primeiramente visitamos en Caldas a empresa química FORESA, onde amablemente nos ensinaron as instalacións e o seu funcionamento. Loxicamente, fixemos a visita pertrechados cos chalecos reflectantes e as gafas de seguridade. Algún parecía xa un científico...! Aprendemos moito, sobre todo que a química non queda só no papel, que ten a súa aplicación práctica na vida cotiá; concretamente, aquí prodúcense todo tipo de colas.
A seguinte visita fixémola á casa da Matanza en Padrón, onde viviu Rosalía de Castro. Foi moi emocionante ver a súa cama, sempre adornada cunha flor collida do xardín; a cociña típica, onde supoñemos que faría a comida, e sobre todo o vello escritorio onde ela producía os seus sentidos versos. Aprendemos moito ese día!

jueves, 2 de mayo de 2013

OLIMPIADA ESCOLAR 2013

O vindeiro 10 de maio imos celebrar, se o tempo o permite, a terceira edición da Olimpiada Escolar Sagrada Familia. A ANPA do colexio organizou un concurso de carteis para este evento e o gañador resultou DAVID TARRÍO PÉREZ de 2º da ESO, NORABOA!!!!!!! Coñecedes alguén no debuxo?...

LETRAS GALEGAS 2013

martes, 9 de abril de 2013

ACUARIO A CORUÑA

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO visitamos o acuario de A Coruña, no que puidemos ver especies que habitan as nosas costas e os nosos ríos. Tamén reforzamos conceptos que xa tiñamos adquiridos e aprendemos moitas cousas novas. Chamounos moito a atención un tanque que ten lampreas, que é un peixe moi pouco evolucionado que carece de mandíbulas. Visitamos o Nautilus, no que se atopa o tiburón Gastón, que está un pouco triste xa que hai poucos días que morreu a femia que vivía con el no acuario. Tamén gustounos moito ver como alimentaban as focas!!!!!

SOGAMA

O día 5 de abril os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO visitamos as instalacións da Sociedade Galega de Medio Ambiente, SOGAMA, en Cerceda (A Coruña). Nesta visita explicáronnos o traballo que alí realizan e a importancia dos tres erres: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. No edificio de clasificación de envases lixeiros observamos como separaban o plástico PET (botellas de auga), o plástico PEAD (botellas de suavizante da roupa), as latas de aluminio (refrescos), os bricks (leite) e as latas que non son de aluminio (conservas). No edificio destinado á recepción da "bolsa negra" (colector verde) comprobamos que non separamos ben os refugallos, xa que coa materia orgánica tamén hai mesturado vidro (QUE É 100% RECICLABLE!!!!), plásticos e cartón. Por último vimos a planta incineradora, na que se queima o CDR (Combustible Derivado de Residuos) para a obtención de enerxía eléctrica.

viernes, 8 de febrero de 2013

BOCATA  SOLIDARIO

O 26 de febreiro e en colaboración  coa campaña de "MAnos Unidas", celebramos un ano máis o "Día do Bocata Solidario" no colexio. Os alumnos e profes que participamos quedamos o mediodía e comemos un bocadillo que nos custou 2 euros. E xa se sabe que moediña a moediña... acabamos recadando 372 €, que irán destinados a un proxecto en Mozambique. Para amenizar a xornada, os alumnos de 4º de ESO organizaron distintos obradoiros:
  • Papiroflexia
  • Perruquería e maquillaxe
  • Experimentos
  • Gimkana
  • Pintura
Neles participaron os alumnos desde 3º de primaria a 3º da ESO. Foi unha xordada moi divertida  e enriquecedora para todos, xa que nos serviu para concenciarnos da necesidade de axudar aos paises que non teñen expectativas de desenvolvemento