martes, 9 de abril de 2013

ACUARIO A CORUÑA

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO visitamos o acuario de A Coruña, no que puidemos ver especies que habitan as nosas costas e os nosos ríos. Tamén reforzamos conceptos que xa tiñamos adquiridos e aprendemos moitas cousas novas. Chamounos moito a atención un tanque que ten lampreas, que é un peixe moi pouco evolucionado que carece de mandíbulas. Visitamos o Nautilus, no que se atopa o tiburón Gastón, que está un pouco triste xa que hai poucos días que morreu a femia que vivía con el no acuario. Tamén gustounos moito ver como alimentaban as focas!!!!!

SOGAMA

O día 5 de abril os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO visitamos as instalacións da Sociedade Galega de Medio Ambiente, SOGAMA, en Cerceda (A Coruña). Nesta visita explicáronnos o traballo que alí realizan e a importancia dos tres erres: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. No edificio de clasificación de envases lixeiros observamos como separaban o plástico PET (botellas de auga), o plástico PEAD (botellas de suavizante da roupa), as latas de aluminio (refrescos), os bricks (leite) e as latas que non son de aluminio (conservas). No edificio destinado á recepción da "bolsa negra" (colector verde) comprobamos que non separamos ben os refugallos, xa que coa materia orgánica tamén hai mesturado vidro (QUE É 100% RECICLABLE!!!!), plásticos e cartón. Por último vimos a planta incineradora, na que se queima o CDR (Combustible Derivado de Residuos) para a obtención de enerxía eléctrica.